Información da versión 6.9.1 do IDE de NetBeans

O IDE de NetBeans é un contorno de desenvolvemento integrado gañador de moitos premiso dispoñíbel para Windows, Mac, GNU/Linux e Solaris. O proxecto NetBeans está composto por un IDE de código aberto e unha plataforma de aplicativos na que os desenvolvedores activos poden crear aplicativos web, empresariais, de escritorio e móbiles usando a linguaxe Java.

O proxecto NetBeans está composto por unha comunidade de desenvolvedores moi activos e ofrece amplos recursos de documentación e formación así como unha selección variada de engadidos de terceiros.

Vista previa da versión

O IDE NetBeans 6.9.1 introduce JavaFX Composer, unha ferramenta de deseño para a creación de aplicativos gráficos JavaFX, parecido ao construtor de aplicativos gráficos Swing para aplicativos Java SE. Outras notoriedades inclúen a interoperabilidade OSGi para aplicativos da plataforma NetBeans, e a compatibilidade para desenvolver paquetes OSGi con Maven; compatibilidade para o SDK de JavaFX 1.3.1, marco de traballo PHP Zend, e Ruby on Rails 3.0; así como melloras no editor Java, no depurador Java, no seguimento de incidencias e moitas máis.

Obter o NetBeans IDE 6.9.1

Descargar NetBeans IDE 6.9.1

Documentación

Use os seguintes documentos para iniciarse co IDE NetBeans 6.9.1:

Características destacábeis

OSGI

  • Desenvolver paquetes OSGI con Maven
  • Contedor de Felix empaquetado
  • Usar paquetes OSGI nun aplicativo NetBeans RCP

Plataforma NetBeans

  • Interoperabilidade OSGI (desenvolver e consumir paquetes OSGI nos aplicativos baseados na plataforma)
  • Compatibilidade Felix 2.0.3 OSGI, compatibilidade experimental para Equinox
  • Converter módulos NetBeans en paquetes OSGI e execútalos non contedor OSGI sen modificar
  • Editor de marcas (branding) para os proxectos baseados nas plataformas Maven e Ant
  • Os aplicativos baseados na plataforma NetBeans xeran instaladores para os sistemas operativos máis comúns
  • Asistencia mellorada para consumir servizos web e conectarse ás bases de datos

 

JavaFX

  • JavaFX Composer para superficies de usuario parecidas a formularios, con control e acceso a diversas fontes de datos
  • Engadidos e mellorados consellos no editor, na depuración e na refactorización
  • Paletas melloradas para as gráficas, efectos, cores e formas JavaFX
  • Formato de código mellorado

Java EE

  • Compatibilidade coa inxección de dependencias e contextos (CDI) (JSR-299)
  • Compatibilidade co marco de traballo Spring 3.0
  • Edición Open Source do servidor Glassfish 3.0.1 empaquetado
  • Facilidades na rexeneración de entidades JPA despois de cambiar a base de datos
  • Compatibilidade dos servizos web REST cos aplicativos RCP

Java

  • Agrupación de puntos de interrupción no depurador de Java, histórico de parámetros anexados ao depurador
  • Compatibilidade para procesadores de anotacións para o editor, configurábel nas propiedades do proxecto
  • Novo applet e compatibilidade Web Start (JNLP)
  • Navegación mellorada no analizador de trazas do stack e os URL, Ir á acción do método Overridden/Implemented

Linguaxes web: HTML, CSS, JavaScript

  • Refactorización e busca de usos para CSS e linguaxes parecidas a HTML
  • Completado de código e hiperligado para os atributos de selector de id e clase
  • Refactorización de estilos CSS en liña

 

Java Card

  • Compatibilidade para a creación de servlets Java Card Connected 3, applets clásicos e estendidos
  • Compatibilidade con versións anteriores de Java Card 2.2.x e Java Card Classic
  • Depuración e creación de múltiples Java Card Platform/Device
  • Aliñamento coa implementación de Java Card Reference Implementation

PHP

  • Compatibilidade co marco de traballo PHP Zend
  • Anotacións "Overrides/Implements" e "Is Overridden/Implemented"
  • Novo formateador con máis regras de formato

Ruby

  • Compatibilidade con Ruby on Rails 3.0

C/C++

  • Probas unitarias de integración con proxectos C/C++
  • Desenvolvemento remoto mellorado que inclúe descarga de ficheiros remotos e navegación
  • Compatibilidade mellorada para obxectivos makefile e Fortran
  • Navegación mediante hiperligazóns entre métodos overridden e clases

Xeral

  • Moitas máis suxestións de edición para Java e Ruby
  • Admite corrector ortográfico no Editor
  • Elemento do menú Axuda para informar de erros e lentitude do IDE NetBeans
  • Compatibilidade para múltiples servidores de equipo baseados en Kenai (p. ex. kenai.com e netbeans.org).


Saber máis sobre as características desta versión na páxina de Novas e notoriedades do IDE NetBeans!

Visite a folla de ruta da versión de NetBeans.

Not logged in. Log in, Register

By use of this website, you agree to the NetBeans Policies and Terms of Use. © 2013, Oracle Corporation and/or its affiliates. Sponsored by Oracle logo